O Ribadeo Ilustrado

É un dos períodos de maior auxe económico de Ribadeo, que se produce no século XVIII (o século da ilustración o , das luces). Neste momento o porto ribadense acada unha posición de primeiro nivel entre os portos do Cantábrico.
Causa e efecto deste auxe é o establecemento de destacados comerciantes na vila, transformando o seu aspecto coa construción de novas vivendas.
Hoxe en día consérvanse nas rúas do centro histórico algúns exemplos destas casas señoriais, moitos deles distinguidos polos miradoiros de cristal que se erguen dende as cimas dos seus tellados, coñecidos popularmente como “Gurugús”.

A Senda Comercial

A principios do século XVI, Ribadeo gozaba dunha gran importancia como praza marítima e, desde o punto de vista económico aumentando a súa importancia grazas aos permisos de comercialización nas súas rutas cara ao norte ou ás Indias e a súa recadación aduaneira que atraeu a destacados comerciantes locais e estranxeiros que deixaron a súa pegada para sempre.

Porto de Ribadeo

A Vila de Ribadeo tivo a súa orixe aquí, sendo un porto con actividade comercial dende a Idade Media. Ao longo de séculos de historia foi o motor económico da Vila ata hoxe. Momentos de esplendor e decadencia marcaron a evolución e a importancia deixaron esculpida a súa pegada na súa fisionomía ata os nosos días.

Marqués de Sargadelos

Antonio Raimundo Ibáñez (1750-1809), nacido en Santa Eulalia de Oscos (Asturias), viviu na cidade de Ribadeo corenta e dous anos. Aquí naceron os seus dez fillos e tivo lugar a súa tráxica morte.
Foi un adiantado ó seu tempo, intrépido emprendedor, sagaz comerciante, creador do primeiro establecemento español de siderurxia moderna.
Os seus emprendementos estimularon o desenvolvemento do Porto de Ribadeo e o auxe comercial da vila no século XVIII ata convertelo nun dos portos máis relevantes do Cantábrico.
O seu legado pervive no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo).

Coñécea

A Ruta Ilustrada

O Roteiro do Ribadeo Ilustrado percorre, da man de Ibáñez, o centro histórico de Ribadeo, poñendo en valor o seu pasado comercial e o patrimonio legado.