Visitas guiadas. Xeoruta dos Arcos

   17.04.2022 / 9.45-10.45 h y 11.00-12.00 h
  Oficina de Turismo de Ribadeo
Visitas guiadas Xeoruta dos Arcos
Con este roteiro xeolóxico poderase descubrir, paso a paso, o proceso que deu lugar aos arcos rochosos da praia de As Catedrais, o maior conxunto de arcos rochosos da Península Ibérica. E ademais, a explicación do motivo polo que se concentra un número tan importante deles nesta praia. Estamos ante un incrible Monumento Natural que representa unha das marabillas xeolóxicas máis destacadas que temos en Galicia. Do mesmo xeito, este treito costeiro mostra moitos elementos geomorfológicos ( furnas –covas mariñas-, ollos – bufaderos-, illotes, etc.) presentes na evolución destes cantís da Mariña.
Se queres coñecer este roteiro podes inscribirche aquí. para as 9.45 h-10.45h
e aquí para as 11.00 h-12.00h