Visitas guiadas. Ribadeo Indiano

   9.04.2022 / 12.00 h
  Oficina de Turismo de Ribadeo
Visitas guiadas do Ribadeo Indiano
En Ribadeo o día 9 de abril ás 12.00 horas diante da Oficina de Turismo e no mesmo lugar, o día 14 de abril ás 17.00 horas.
Nestas visitas poderás coñecer a a época de auxe tanto económico como social e tamén urbanístico. Esta bonanza debeuse en boa medida ao retorno dos emigrantes americanos(indianos). Nas súas vivendas aplicaron as novas tendencias arquitectónicas imperantes nese momento en América e Europa.
O roteiro que aquí empeza consta de dous itinerarios, un urbano e outro que discorre polas parroquias. É imposible que o visitante coñeza toda a arquitectura indiana ribadense seguindo este roteiro, pero si coñecerá as edificacións máis significativas, que en numerosos casos son obras de arte que, ademais do deleite de contemplalas, falan dun pasado que marcou o desenvolvemento de Ribadeo e de ámbito galaico-astur máis próximo, ao mesmo tempo que os seus impulsores influían excesivamente na formación de novos valores económicos e na idiosincrasia da sociedade ribadense.
Sábado 9 ás 12h. Clique aquí para tramitar su reserva.
Jueves 14 ás 17h. Clique aquí para tramitar su reserva.