Ugía Pedreira. Segmento Cantábrico

   12.03.22 / 20.00 h
   Auditorio Hernán Naval
Segmento Cantábrico é o primeiro traballo da artista de Vilaronte (Foz), voz de Marful e Nordestina –entre outras formacións musicais– asinado por ela co seu apelido, A Pedreira.
O disco, de folk progresivo, aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e o folk americano. Letras, poemas da propia Pedreira, do pintor-poeta vigués afincado en Londres Enrique Gavilanes, as Follas Novas de Rosalía de Castro, da poeta do Val de Lourenzá Marina Oural, de Carvalho Calero e Xela Arias forman parte deste álbum no que a spoken word, a poesía e a canción conflúen e desbordan as marxes.
Entradas á venda en enterticket.es e na billeteira o propio día do evento.
Prezo da entrada 10 €