Subida ó Mondigo

Subida ó Mondigo

Saíndo da Oficina de Información Turística de Ribadeo, e seguindo os pasos do Camiño de Santiago, dirixímonos cara a igrexa de Ove, que será a nosa primeira parada. Dende alí, comezaremos a subir cara o primeiro dos miradores, o emblemático mirador de Santa Cruz.
A partir dese punto, o noso camiño serpentea polas ladeiras do Monte Coroa (365m) para despois atacar a subida final ao Mondigo (568m).
Dende o Mondigo podemos apreciar una panorámica 360 graos, da ría, do interior do concello e do Mar Cantábrico. Vale a pena descansar, e gozar das vistas, xa que aínda estamos na metade do percorrido. Despois da baixada, que realizaremos pola cara sur, con precaución debido ao desnivel, pasaremos polo pobo da Ponte, onde podemos apreciar a súa igrexa, Cedofeita, A Nosa Sra. dos Remedios, ou a Capela de Santo Estevo.
En definitiva, unha ruta con un rico patrimonio, á paisaxe e esforzo físico.

Praza de España

Ó redor desta praza álzanse construcións que permiten percorrer a historia de Ribadeo, como o pazo neoclásico de Ibáñez, a Torre dos Moreno, o Convento de Santa Clara e a Igrexa Parroquial de Santa María del Campo.

Torre dos Moreno

Símbolo arquitectónico da vila, está considerado como un dos edificios máis representativos da arquitectura indiana en Galicia.
Mandado construír por dous irmáns ribadenses na segunda década do século XX e deseñado polo arquitecto arxentino Julián García Núñez, discípulo de Gaudí.

Capela de San Lázaro

Situada no barrio do mesmo nome, hoxe é un paso obrigado para os peregrinos que transitan o Camiño cara a Santiago.
Na porta esquerda, gardada por reixas, hai un pequeno altar coa imaxe de San Lázaro. Este santo era o patrón dos leprosos e dos pobres, motivo polo cal ós hospitais, especialmente ós infecciosos e máis aínda ós de leprosos, se lles chamaba “lazaretos”.

Hórreos de Ove

No idioma galego ten outros nomes como: cabazo, celeiro, espigueiro, e é unha das máximas expresións da arquitectura popular.
A súa altura impide o paso dos ratos e da humidade que se xera en zonas tan chuviosas como Galicia. A través das fendas entra a aireación que necesita o gran de millo, trigo, e doutros cereais.

 Miradoiro de Santa Cruz

Situado a 200 m sobre o mar, é un excelente miradoiro sobre a vila de Ribadeo, a ría do mesmo nome e a costa Cantábrica, e o seu nome débese á presenza de dúas cruces no monte onde se sitúa. Aquí atópase a ermida de Santa Cruz, que alberga unha reprodución da virxe dos Remedios.

 A Ponte

A fábrica do Santuario de Nosa Señora das Virtudes data da última etapa dos Reis Católicos. 
No seu interior consérvase un magnífico conxunto pictórico tardo-medieval, mediante a técnica do fresco.
Dentro deste conxunto mural cabe destacar, pola súa peculiaridade, as pinturas que aparecen no muro sur e que fan alusión ao mar. Tal e como se pode ler na inscrición, trátase dunha doazón do capitán de infantería Domingo de Carranza e Aguiar e datan de 1606.

Pazo de Cedofeita

O Pazo de Cedofeita data de finais do século XV principios do XVI .
Na súa fachada principal pódese ver o escudo de armas da familia tallado en madeira. Utilizábase como calabozo, xulgado e zona de execución con guillotina para os sentenciados a matar.
O conxunto conta con hórreo, pombal, unha pequena capela de estilo rococó con espadana dun só van, muíño, zona de cultivo e recinto amurallado.

Descúbrea

Descarga a App de RibadeoXNatural e coñece esta e outras rutas naturais.