XNatural

Propoñémosche un mes de setembro diferente. Garda por un momento os teus dispositivos electrónicos e conecta co noso medio.
Nós guiarémoste a través duns espazos naturais espectaculares, déixache perder!!
Propoñémosche propostas tan diversas como: arqueoloxía na ría de Ribadeo, XeoRutas con edicións especiais, roteiros na natureza, carreiras populares- media maratón As Catedrais, exaltacións de produtos da horta co “Día do produto local” e o “FeltivalEo” de alimentación sostible, unha actividade de orientación para familias, concertos na natureza, etc..

Xeorutas

A costa de Ribadeo, ademais de contar cun elevado valor ecolóxico, é un espazo de referencia a nivel nacional e internacional pola súa riqueza xeolóxica excepcional. Aquí atopámonos dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ibérica, ata a maior estrutura xeolóxica da Mariña Lucense: a charnela do gran pregue que se estende desde a Ría de Foz ata Ribadeo.
Estes valores naturais foron a base para estruturar desde o 2015 as “XEORUTAS”, unha serie de itinerarios xeolóxicos que pretenden incrementar o goce dos nosos visitantes e mellorar o coñecemento sobre a orixe e as peculiaridades deste litoral único.

Visitas Guiadas

A natureza do municipio ribadense é plural, engloba tres mundos: o de interior, a rasa costeira e a liña de costa, cuxo epicentro demográfico é o poboado marisqueiro e outrora baleeiro de Rinlo; litoral no que se alternan praias e cantís nos que o mar labrou calas, furnas, covas e arcos como os da praia das Catedrais.
No interior do territorio destacan verdes vales de perfil suave de leste a oeste, os bosques, cultivos e praderías; un espazo cunha paisaxe única que ofrece unha gran variedade de recursos de tipo cultural e natural. 
A través de visitas guiadas polas diferentes rutas naturais o visitante coñecerá os encantos máis agachados do noso municipio. Miradoiros con vistas espectaculares, pazos e casas señoriais e paisaxes naturais de gran beleza.

Rutas BTT

Ribadeo conta con roteiros cicloturistas para todos os públicos: dende as da rasa cantábrica, moi fácil de percorrer, ata as dos montes e altos que limitan o noso territorio, para os máis activos. A orografía de Ribadeo convértea nunha zona de gran atractivo para percorrer en bicicleta.

Subida ó Mondigo

Ruta técnica e esixente, non tanto polos 44 quilómetros que ten o seu percorrido, senón polo desnivel acumulado, 1.184 m non apta para principiantes, que ten como recompensa a subida ao monte do Mondigo (568 m de altitude).Dende o Mondigo podemos apreciar una panorámica 360 graos, da ría, do interior do concello e do Mar Cantábrico.
Presenta tramos técnicos, sobre todo a baixada do Monte Mondigo, e moita curva rápida por pistas forestais onde as vistas serán as protagonistas.

Ruta dos Montes e o Cantábrico

Ruta de 39 km que aúna da mellor forma posible montaña e mar. É unha ruta non apta para principiantes, pensada para as persoas que procuran retos físicos ademais de deleitarse coas vistas da Ría de Ribadeo e do Mar Cantábrico.

Ruta dos miradoiros

O traxecto desta ruta transcurre por alguns dos espacios máis emblemáticos de Ribadeo.
Ten unha lonxitude de 11,5 kilómetros que pode percorrerse a pe ou en bicicleta, xa que está pavimentada na sua totalidade. Ademáis disto, non posue moita dificultade polo que é accesible para todas as idades.