Semana Santa Ribadeo 2022

   8.04.2022 / 17.00 h
  Igrexa Parroquial
SEMANA SANTA RIBADEO 2022
Volve a nosa semana santa, días de devoción relixiosa. Segue aquí cada un dos actos que a fan tan nosa. Ven e vívea.
8 ABRIL – VENRES DE DOLORES
17:00 h. Celebración Penitencial de nenos e xoves.
20:00 h. Misa solemne na honra da Virxe dolorosa.
9 ABRIL – SÁBADO
20:00 h. Celebración vespertina do Domingo de Ramos.
20:30 h. Pregón Solemne da Semana Santa a cargo do Excmo. e Rvdmo. Sr. d. Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol.
Actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.
10 ABRIL – DOMINGO DE RAMOS
11:15 h. Procesión desde a Igrexa e Bendición dos Ramos na Praza de Abaixo.
12:00 h. Celebración da Eucaristía no Domingo de Ramos na Paixón do Señor, cantada polo Coro Parroquial.
20:00 h. Santa Misa do Domingo de ramos.
11 ABRIL – LUNS SANTO
20:00 h. Celebración da Eucaristía no Luns Santos.
22:00 h. Via Crucis animado polos grupos de Confirmación e mailo Coro Parroquial.
12 ABRIL – MARTES SANTO
11:00 h. Misa Crismal (Ferrol).
20:00 h. Celebración da Eucaristía no Martes Santo.
13 ABRIL – MÉRCORES SANTO
19:00 h. Celebración Penitencial.
20:00 h. Celebración da Eucaristía no Mércores Santo.
20:45 h. Concerto de música Sacra a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
14 ABRIL – XOVES SANTO
De 10:00 a 12:00 h. Confesións na Igrexa Parroquial.
19:00 h. Celebración da Eucaristía na Cea do Señor, cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo. Procesión dos Pasos da Paixón do Señor, acompañada polo Coro Miserere e o Grupo de Tambores.
20:00 h. Hora Santa.
15 ABRIL – VENRES SANTO
10:30 h. Procesión con Xesús Nazareno desde a Capela da Orde Terceira e Bendición ás Madres Clarisas, acompañada polo Coro Miserere e o Grupo de Tambores.
Tradicional Encontro na Praza de Abaixo.
Bendición ó Pobo de Ribadeo e volta á Capela da Orde Terceira.
18:00 h. CELEBRACIÓN DA PAIXÓN DO SEÑOR, animada polo Coro Parroquial.
Desencravo e Procesión do Santo Enterro, acompañada pola Banda Municipal de Ribadeo.
24:00 h. Procesión da Soedade acompañada polo Coro Miserere.
16 ABRIL – SÁBADO SANTO
22:00 h. Solemne Vixilia Pascual
17 ABRIL – DOMINGO DE PASCUA
11:00 h. Procesión do Anxo.
Encontro do Resucitado coa súa Nai e visita ás MM. Clarisas, acompañado polo Grupo de Gaitas Follas Novas.
12:00 h. Misa Solemne do Domingo de Pascua da Resurrección do Señor cantada polo Coro Parroquial.
20:00 h. Misa do Domingo de Pascua da Resurrección do Señor.
MONASTERIO SANTA CLARA
Domingo de Ramos: 09:00 h. Misa Solemne de Domingo de Ramos.
Xoves Santo: 18:00 h. Misa da Cea do Señor.
Venres Santo: 16:00 h. Celebración da Paixón do Señor.
Sábado Santo: 22:00 h. Solemne Vixilia Pascual.
Domingo de Pascua: 09:00 h. Misa Solemne de Pascua.