Sarabela Teatro: A lingua das bolboretas

   07.02.22 / 11.30 h
   Auditorio Hernán Naval
Dentro do programa O Concello cos Coles.
A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.
O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. É, dalgún xeito, voltar a casa.
Desde a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da Compañía co autor: O lapis do carpinteiro (2000), O heroe (2005) e Os libros arden mal (2007) – esta última foi unha lectura dramatizada-, foron as anteriores. Se con O Heroe se celebraron os 25 anos da Compañía, con A lingua das bolboretas celébrase o 40 aniversario de Sarabela.
Conxugamos as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón) con ese equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica. O resultado emocionou ao autor o día da estrea.
“Eu quería moito a aquel mestre, confesa Moncho. Ao principio, os meus pais non podían crelo. Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre. Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible. Unha palabra que cimbraba no aire como unha vara de vimbio:
Xa verás cando vaias á escola!”.