Ruta dos Indianos polas parroquias

Ruta dos Indianos polas Parroquias

Cando os primeiros emigrantes comezaron a regresar, levantaron vivendas dun estilo moi diverso aínda que inconfundible.
Trouxeron unha arquitectura cosmopolita que se inseriu de forma rechamante entre as casas tradicionais, para simbolizar o triunfo e o éxito conseguido fóra. Son vivendas cómodas, amplas, abertas ó exterior, con novas formas e materiais que falan de riqueza, sofisticación e formas de vida urbanas, con elegantes adornos nas fachadas; xardíns exuberantes e con reminiscencias tropicais, onde non faltan palmeiras, magnolios, camelias e valos de forxa que substitúen os vellos muros e portalóns.

Granxa Pedro Murias

O segundo itinerario da ruta da Pegada Indiana debuta na Granxa-escola Pedro Murias, claro exemplo do mecenado que exerceron numerosos emigrantes galegos nos seus municipios de orixe. Aínda hoxe, a escola funciona e albergar unha escola de capacitación agropecuaria, tal como dispuxera Pedro Murias.

Casa de Don Inocencio

É a icona arquitectónica de Rinlo. Foi ordenada levantar en 1912 por Inocencio Aguiar López.
Por ser o punto máis elevado de Rinlo e estar situado nas proximidades da liña de costa, o miradoiro da Casa de don Inocencio foi utilizado como faro, sendo o primeiro faro do Cantábrico instalado nun inmoble privado.
 

Casa Torre Maseda

Construída en 1924 por orde de Ramón Maseda Villamil, esta casa grande álzase xunto ao vial (a actual estrada N-634), cun espazo intermedio a xeito de beirarrúa “privada”. Cabe destacar a presenza dunha palmeira de gran tamaño, que comparte espazo con magnolios e outras especies exóticas e autóctonas.

Casa Place Margarita

Construída en 1926, constitúe o máis completo expoñente da influencia norteamericana nos criterios dos construtivos dos indianos. O seu promotor foi Manuel Fernández López, nacido en Ribadeo, que emigrou a Florida, fixo fortuna no sector da construción. Alí foi deseñada a casa que levantou na Devesa e dende onde importou varios materiais.

Círculo Habanero

Edificio promovido pola Sociedade de Instrución e Recreo da Devesa como edificio social e centro de recreo e cultura.
Inaugurado en 1921, o seu recinto acollía ademais dúas escolas nas que se impartían clases gratuítas a nenos e nenas da parroquia e da contorna.