RIBADEO ILUSTRADO

   09.06.2022 / 12.06-.2022
II EDICIÓN DO RIBADEO ILUSTRADO MARIÑOS, MARIÑEIROS E AS XENTES DO MAR.
É no século da Ilustración cando Ribadeo consegue unha posición de primeiro nivel entre os portos de todo o Cantábrico. O establecemento de destacados comerciantes na vila resultou nun crecemento comercial e cultural que se pode contemplar nas rúas da zona vella e nas súas construcións singulares, rastros dun século memorable cuxo legado se honra coas diferentes actividades desta edición.
 
Xoves 09
19.00 h Na Oficina de Turismo de Ribadeo. Inauguración da exposición “Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas”. Rede Museística Provincial de Lugo.
 
Vernes 10
19:30 h. No Salón de Plenos da Casa do Concello. Presentación da II Edición do Ribadeo Ilustrado. Conferencia “Antonio Raimundo Ibáñez e Ribadeo: Un empresario nunha vila dinámica”, a cargo de Pegerto Saavedra Fernández. Catedrático de Historia Moderna da USC.
20:30 h. Pazo de Ibáñez. Representación teatral “Chegada á vila de Ribadeo do coronel do Rexemento Provincial de Mondoñedo, portador da proclama da Xunta Superior do Reino de Galicia. Declaración de guerra a Napoleón”, a cargo
de Suso Martínez (actor e guía turístico).
21:00 h. Pazo de Ibáñez. Representación teatral “Ribadeo Ilustrado”, a cargo de Os Quinquilláns Teatro.
 
Sábado 11 
Ciclo de conferencias:   
11:30 h. No  Salón de Plenos da Casa do Concello. Conferencia “A carpintería de Ribeira e a navegación a vela en tempos do Marqués”,  a cargo de Francisco Fra. Carpinteiro de Ribeira.
12:30 h .No  Salón de Plenos da Casa do Concello. Conferencia “As orixes do Marqués de Sargadelos e formas de vida na comarca de Oscos no século XVIII”, a cargo de Iker Nogueiras Astudillo, director do Museo Casa natal Marqués de Sargadelos.
As xentes do mar
17:00 – 20:00 h. Na Praza dos Catro Canos. Centro histórico de Ribadeo 
17:00 – 19:00 h. Redeiras: Demostración do traballo artesanal a cargo das Redeiras Artesás Cabo Burela.
17:00 – 19:00 h. No Patín. Centro histórico de Ribadeo . Tecelás: Demostración do traballo artesanal da tecelá María José Lois Vázquez.                                                                                  10:45 a 12:45 h. No parque de San Francisco
Obradoiro de monicreques a cargo de Mircromina Monicreques.
13:00 h. Vacacións non mar a cargo de Mircromina Monicreques.
 
Domingo 12 
12:00 a 14:00 h. Na Casa de Bengoechea ou  Casa de Abaixo. Visita á Capela de San Francisco, fundada en memoria de Martínez Bengoechea.
12:30 h. Nas Escaleiras de Martínez. Concerto de cámara a cargo de Grupo Fua.