Rafa Fernández “Suárez”

   23.04.2022 / 20.00 h
  Auditorio Hernán Naval
“SUÁREZ” 
Rafa Fernández , un dos mellores guitarristas de jazz en Galicia, volve co seu formato de concerto audiovisual para darnos a coñecer en Suárez o fantástico fotógrafo de Allariz, cuxa figura aínda está por descubrir en grande parte”.
Neste traballo ofrécenos unha serie de pequenas composicións envolventes e minimalistas revestidas con proxeccións audiovisuais. Propostas harmónicas, e sinxelas melodías que en directo cobran dimensión mediante o diálogo entre os músicos, para ofrecer un espectáculo no que as atmosferas sonoras transportarán ao espectador.