Obradoiro Apego: Os Minimundos

   05.02.22 / De 12:00 a 13:30 h.
   Casa Viejo Pancho
Taller impartido pola educadora María Novo dirixido a nenos/as de 3 a 6 años.
Os minumundos son unha proposta de xogo baseado na recreación de escenarios da vida cotiá ou habitats reais ou imaxinarios a pequena escala. É xogo deseñado para manipular, unha actividade multisensorial de descubrimento, unha oportunidade para que as crianzas desenvolvan o seu xogo simbólico, a creatividade dunha forma lúdica e por tanto, favorecer o xogo libre.
As prazas son limitadas. Cómpre se inscribir no enderezo cultura@ribadeo.org.
Apego vai dirixido a vós, ás familias que vos estades a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que tedes nenos e nenas ata 6 anos. Queremos axudar á socialización en galego e propoñervos o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo. Únete a nós no Apego, porque cremos no noso futuro.