O caldo de gloria

   21.05.22 / 12.30 h
  Contorna da Praza de Abastos
DEGUSTACIÓN
 A partir das 12:30h na contorna da Praza de Abastos. Degustación do
“CALDO DE GLORIA” de Rosalía de Castro a cargo da Comisión de
festas da patroa de Ribadeo. 
Inclúe a lectura do poema de Rosalía a cargo de Susana Álvarez e ambientación musical
Unha cita para gozar das mellores tapas en Ribadeo.
Se visitas Ribadeo con esta escapada gastronómica é obrigatorio coñecer o Caldo de Gloria, tan gabado pola nosa poeta Rosalía de Castro. Non hai prato máis humilde nin máis pegado á terra. Símbolo de humildade, máis tamén de cultura gastronómica.
A súa preparación é sinxela pero precisa: “Nun pote grande póñense fabas e auga case ata o bordo. Colócase o pote ao lume, e cando ferve, engádeselle o unto en proporción, non ao que o caldo require, senón ao que o peto do comensal permite. Á hora e media de estar a cocer engádense as patacas finamente cortadas, e cando están cocidas van as verduras lavadas, cortadas e escollidas, facendo ferver de novo a mestura destapada”.
Viaxeiro gastronómico, sempre é preciso coñecer ás orixes, o pasado, para dar valor e entender o presente. Con estes pequenos parágrafos pretendemos somerxerte un pouquiño máis no comezo da nosa gastronomía porque esta é cultura, tradición, historia; sabedoría necesaria para valorar a nosa verdadeira identidade local.
“Fixen un caldo de groria que me soupo que la mar”
Rosalía de Castro, Follas novas, 1880