XCultural

Ribadeo ofrece unha ampla oferta cultural de calidade e aberta a todos os visitantes que se acheguen á vila. Durante todo o ano, sempre se atopará en Ribadeo algo para ver ou para facer. O Ribadeo Indiano e Ribadeo Ilustrado, son dous das súas propostas estrela achegando ao visitante a un rico legado patrimonial, produtos culturais que a través de diversos formatos que axudarán a viaxar a través do tempo, percorrendo rúas e prazas.

Antigo

As rúas do casco histórico, concentran gran parte dos edificios arquitectónicos que propiciaron a declaración deste espazo, en 2004, como Ben de Interese Cultural, coa categoría de conxunto histórico.
Nas súas fermosas rúas concéntranse unha mestura de conxuntos arquitectónicos entre os que se atopan casas populares de artesáns e mariñeiros xunto con outros edificios de maior rango que testemuñan o pasado florecente da vila.
Avanzar pola súa ruta ilustrada permite ao camiñante introducirse nunha traza urbana única, produto do auxe económico vivido no século XVIII da man do comercio marítimo, cando destacados comerciantes locais e foráneos atraídos por este esplendor comercial promoverán a construción de novas vivendas, favorecendo a transformación da vila, das súas infraestruturas, rúas e arquitectura, aportándolle un carácter e espírito propio, singular en Galicia.

A Pegada Relixiosa

Ribadeo é unha vila con máis de mil anos de historia, aínda que será a partir do século XII da man do rei Fernando II cando comece o verdadeiro desenvolvemento da súa poboación.
A Igrexa tivo un papel destacado na súa consolidación, pasando a ser a nosa vila sede episcopal durante un breve período de tempo co bispo Pelayo de Cebeira (1199 a 1218).
Pouco a pouco foron incorporando elementos característicos da zona urbana, como a antiga Colexiata de Santa María (hoxe desaparecida) ou os conventos de San Francisco e Santa Clara.

Coñece

Esta é a ruta que recomendamos que visites este mes.

Camiño do Encanto

Asomado ó Eo e á súa desembocadura -río que marca a moderna fronteira astur-galaica-, o municipio de Ribadeo reúne as dúas características máis comúns da xeografía galega: verdes vales terra adentro e unha costa na que comparten espazo o verde e o azul, dando lugar a unha natureza plural.
No interior, de leste a oeste, atopamos bosques, cultivos e praderías nas parroquias de Ove, Vilaosende, Couxela, Covelas, Cedofeita, Arante e Remourelle. Destacan os vales -de perfil suave- e as crebadas, existentes na cara sur da serra prelitoral.
Esta ruta circular pon en valor este fermoso espazo que posúe unhas paisaxes únicas ofrecendo unha gran variedade de recursos de tipo cultural e natural que achegarán ó visitante os encantos máis escondidos do corazón do noso municipio: miradoiros con vistas espectaculares, pazos e casas señoriais, paisaxes naturais de gran beleza ou xoias do noso patrimonio como o Santuario da Nosa Señora das Virtudes.