Morte accidental dun Anarquista

   3.04.2022 / 20.00 h
  Auditorio Hernán Naval
Espectáculo a cargo de Talía Teatro.
Cándido Pazó dirixe a posta en escena dunha obra escrita en 1970 por Darío Fo onde recrea unha Italia nun momento de grande inestabilidade social. Trátase dun texto clásico na produción do xenial Nobel de Literatura italiano.
Milán-1969, un anarquista falece tras caer pola xanela dunha comisaría onde está a ser interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición dun tolo que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.
O elenco do montaxe inclúe ós actores: Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo (Director da compañía), Diego Rey e Marta Ríos.