Marqués de Sargadelos

Marqués de Sargadelos

Nado na aldea asturiana de Ferreirela de Baxo, concello de Santa Eulalia de Oscos, en 1749, aos vinte anos trasladouse a Ribadeo onde comezou a traballar como mordomo da Casa de Guimarán.
É aquí onde comezou a súa exitosa carreira como comerciante, principalmente comprando e vendendo liño, augardentes, ferro e aceite, e converténdose en armador para controlar o transporte de mercadorías.
En 1780 obtén a licenza para comerciar coas Indias e en 1784 fundou a Real Compañía Marítima para comerciar co norte de Europa, converténdose no principal comerciante de Ribadeo e no artífice do desenvolvemento desta vila como porto comercial. A Aduana local pasou a ser a terceira en volume de recadación do Reino de Galicia por detrás das de Coruña e Ferrol.
Ibáñez morre prematuramente asasinado como consecuencia dun linchamento en 1809 durante a Guerra da Independencia acusado de afrancesado, arrastrando o seu corpo polas rúas da Vila. Aínda que esta acusación probablemente foi unha escusa creada por individuos con intereses contrarios aos seus prósperos negocios.