Gastronomía

Ribadeo destaca pola calidade dos seus establecementos turísticos e sobre todo polos seus restaurantes e locais de tapeo.
A calidade dos produtos do noso mar e da nosa ría danlle ó viaxeiro a posibilidade de poder gozar dunha gran variedade de pratos, onde o polbo, as navallas, as luras da ría, o mero, o sargo ou a robaliza fan de cada degustación unha experiencia única. Acompañados polas verduras e hortalizas da nosa horta converten a Ribadeo nun destino gastronómico de primeiro nivel.
 

Produto local

Dentro do municipio poderás atopar diferentes tendas onde adquirir produtos gourmet da gastronomía galega, entre eles os galardoados con Denominación de Orixe e coa Indicación Xeográfica Protexida como os afamados viños galegos, augardentes e licores tradicionais, queixos, carnes ou produtos da horta.
Dentro da gastronomía local cabe facer fincapé nos afamados doces conventuais das Clarisas Ribadenses, en produtos como a Torta das Catedrais e nos tradicionais Chocolates Moreno que datan de principios do século pasado.
Moitos destes produtos tamén poderás buscalos no mercado de Abastos de Ribadeo, un espazo onde se atopa a historia, a arquitectura, a tradición e a calidade e frescura dos produtos de proximidade.
Aquí poderás atopar unha ampla gama de produtos hortícolas, carnes e peixes todos eles produtos da zona.
O mercado de abastos de Ribadeo aporta calidade de vida á cidadanía como impulsor dunha dieta sa equilibrada e como o principal abandeirado e defensor da produción e consumo local.

O pracer das pequenas doses

   

En honor a esta riqueza gastronómica, cada ano celebrase o evento “RIBADEO DE TAPEO”. 
Que anima a degustar en “pequenas doses” os productos elaborados nos diferentes locais participantes. 
Ao redor desta semana, teñen lugar diversas iniciativas e concursos, que constituirán a programación sobre este evento, que faremos publica nas proximas datas.

Ribadeo de Tapeo

En Ribadeo as nosas tapas non só teñen o poder de cegar polos seus sabores e texturas. Aquí, a alegría, o desexo ou a ilusión á hora de preparalas, contáxianse irremediablemente a todos/as aqueles/as que as proban.
E coma se de maxicos se tratara, os nosos profesionais dosifican sabiamente, nos seus fogons, os ingredientes necesarios, para despertar apetitos ocultos e sensacions inesquencibles.