La Porteña. Tango

   2.04.2022 / 20.00 h
  Auditorio Hernán Naval
A Porteña propón un espectáculo moderno e renovado onde se entrelazan a música, a danza e as historias que van desde as emocións máis profundas, á picardía e o humor. Lembrando que o Tango Arxentino é unha música popular e próxima ao público de todas as idades, afastándoo dos clichés e lugares comúns.
Un espectáculo que nos convida a pasear por un longo e sinuoso carreiro que percorre a historia dunha música que naceu humildemente nos suburbios e portos do Río da Prata e transcendeu ao mundo por forza propia case sen nin propoñerllo.
O grupo, dirixido polo guitarrista Alejandro Picciano, xunto ao pianista Federico Peuvrel e o mozo bandoneonista revelación Matías Picciano, incorpora en xuño de 2019, a exquisita e potente voz de Melisa Fernández. Xuntos asombran ao espectador tradicional do tango e seducen aos novos interesados que se achegan ao xénero debido á súa frescura e proximidade.
A poética de Buenos Aires, os tangos, valses, milongas, candombes e vellos tangos camperos adórnanse con esta danza tan arxentina que cativa ao mundo enteiro e fermosas coreografías creadas por un corpo de baile estable cun luxoso vestiario e coloridos audiovisuais, xerando unha posta en escena única e atractiva.
Entradas á venda en proticketing.com e o mesmo día do evento na taquilla a partires das 19.00 h.