Gastro – Oca

   16.05.22 / 20:30 h
  O Cantón
É un xogo por equipos dirixido a maiores de 18 anos, na que deberedes ir superando diferentes probas que terán como base o taboleiro do popular xogo de mesa “A OCA”.
Como se xoga?
En cada equipo teredes que designar un representante que será considerado dende o comezo da partida coma unha peza/ficha do taboleiro.
Un dos membros do equipo lanzará un dado e avanzará por un taboleiro en forma de caracol con 63 casas coa súa ficha/representante (dacordo co número obtido).
En cada casa, co seu correspondente debuxo, que vos orientará sobre as probas , deberedes ir superando un obstáculo. Dependendo da casa na que caiades, poderedes avanzar ou, pola contra, retroceder. Nalgunhas delas recibiredes pequenos castigos ou tamén premios. Os equipos teredes que realizar cada unha das probas que vos correspondan, dependendo da casa na que caiades, seguindo as indicacións que a organización e o xurado vos proporcione.
O xogo remata unha vez que un dos equipos chegue á casa final “O Xardín da Delicias”. A casa 63, a derradeira, só se pode alcanzar de tirada exacta. Se tirades os dados e saca un número maior ao das casas que quedan por percorrer deberedes avanzar ata chegar á 63 e despois retroceder ata completar o numero de casas que faltan.
Poderedes conseguir puntos extras que vos permitirán obter comodíns, que vos servirán para trocar en determinadas probas. Para iso, deberedes estar atentos/as á páxina de facebook de Ribadeo de Tapeo ou ao correo proporcionado, onde vos indicaremos máis formas de acadar puntos.
Como participar?
Os equipos estarán formados de 5 a 10 participantes como máximo. Poderédesvos apuntar no correo  turismo@ribadeo.org, onde nos debedes informar do número e nome de integrantes xunto cun número de teléfono ou correo de contacto. O Participa facendo click aquí
O prazo de inscrición remata o domingo 15 de maio ás 23.59 h. Para calquera dúbida ou aclaración poderedes chamar o 982 128 689.
Cando?
O xogo comezará ás 20:30 h. do luns 16 de maio . É preciso que unha persoa de cada grupo recolla o material e confirme a asistencia na Oficina de Turismo de Ribadeo ás 19.00 h. do mesmo día.
Premio
O grupo que chegue primeiro á casa final “O xardín das delicias”, gañará unha cea para todas as persoas compoñentes do equipo inscritas nesta GASTRO OCA.
Requisitos
Respectar o número de compoñentes do grupo (entre 5 e 10 persoas).
Todas as persoas participantes tedes que superar os 18 anos.
Probar a tapa en todos os locais de hostalaría polos que vos toque pasar.
Obrigas dos grupos
Todos os equipos estarán obrigados a competir nobremente.
Respectar e obedecer as indicacións do xurado e persoal da organización.
A organización e o xurado poden descontar puntos:
Se o comportamento do grupo non é o apropiado.
Se non se presentan todos os membros do equipo nas probas.
Se non se respectan as indicacións dadas polo xurado.
Suxestións
Para ir quentando motores, podemos dicirvos que se todo o grupo ven caracterizado (camisetas, panos, chapas, sombreiros, disfraces -oca-…o que vós desexedes) obteredes puntos extras, e que valoraremos a orixinalidade como grupo.
Conformidade
A inscrición neste xogo supón a plena aceptación das presentes bases de participación.