Fála-me

   16.04.2022 / 20.00 h
  Auditorio Hernán Naval
(Compañía Galicia Trad Cabaré)
O vindeiro sábado 16 de abril o cabaré de inspiración tradicional e popular “Fala-Me. Trad Cabaré” chegará ao Auditorio Hernán Naval de Ribadeo nunha única función ofrecida pola Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC-Xunta de Galicia.
Unha fusión do cabaré coa música, danza e cultura tradicional con un fío conductor sobre a língua e o empoderamento.
Con instrumentos e máscaras ancestrais, himnos, fetichismo, sensualidade e provocación na poesía tradicional.
Da man de Nelson Quinteiro e un magnífico elenco de bailadores/as cabareteiros/as, actores e actrices e músicos/as, entre os que atopamos a Iria Pinheiro, Iván Villar, Álvaro Cardalda ou Brais González.
Unha experiencia emotiva, cómica, festiva, visual, plástica e rachadora a partes iguais.
Abarcando a identidade, a estética e o feito de sermos galegos dende o prisma do cabaré.

máis información aquí