A Educación: a porta para o cambio social.

   Do 8 ao 12 de marzo de 2022.
   Rúa Rodríguez Murias.
En colaboración co CIFP Porta da Auga, exposición de fotografías feitas por Xesús Varela nese centro, que se poderá ver ata o 12 de marzo. Co título A Educación: a porta para o cambio social mostra as diferentes familias profesionais que se imparten no CIFP Porta dá Auga e cal é a representación das mulleres nelas. Trátase de visibilizar á muller sen caer en estereotipos nin imaxes caducas: en defender a libre elección sen prexuízos, sen medos, porque sen cambio non hai futuro.
Inauguración o martes 8 de marzo ás 18.00 h.