Entroido 2022 – Bases e Premios

   01/03/2022
   Ribadeo
Desfile Entroido 2022

Un ano máis, vivir o Entroido en Ribadeo vai encher as rúas de humor e alegría e tamén ten premio.

Participar no seu desfile este ano volve contar cun premio para as comparsas ou bandas de música, as carrozas, os disfraces de grupos, parellas e individuais. Iso si, as categorías infantís tamén terán as súas para grupos, parellas ou individuais.

Este ano queremos rescatar e poñer en valor un personaxe tradicional do Entroido, a “Mascarita”. É por iso que se concederá por primeira vez un premio especial á Mascarita cunha importante cantidade.

Busca información sobre as bases de participación no desfile nos teléfonos 982.128.689, 982.131.565 ou 982.120.565. Ou tamén consultando as webs do Concello ou Acisa Ribadeo.

Para participar no desfile pódese inscribir previamente no Rexistro da Oficina Municipal ou no correo electrónico turismo@ribadeo.org.

As bases e o formulario de inscrición pódense consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal e na páxina web www.acisaribadeo.es.