Miss Raisa, unha mirada desde dentro para derrubar prexuízos.

   06.03.22 /  11.30 h
Charla-coloquio-showcase dentro do programa O Concello cos Coles.
Imane Raissali, ou máis coñecida como Miss Raisa, leva dende novembro de 2019 creando música dentro do movemento do Hip Hop. Raisa escribe sobre distintas temáticas que lle tocan de moi preto, tales como o racismo, a desigualdade de oportunidades, a liberdade de expresión, rompendo estereotipos e visibilizando certos aspectos que vive no seu día a día.
Á parte de crear música e xerar contido para as redes sociais, tamén é relatora en conferencias en moitas cidades de España para falar de diferentes temas, como son por exemplo o emprendemento, creatividade, arte, estereotipos e como vencelos, psicoloxía e música, etc. Sen dúbida o que máis destaca de Raisa é a súa actitude á hora de tratar estes temas, e á hora de interactuar cos seus seguidores, xa que o seu día a día é romper con falsos mitos e falsas conclusións que saca a xente da súa cultura, relixión e dela como muller. É firme defensora da liberdade en todos os seus sentidos, e co pouco tempo que leva na escena urbana e en redes sociais, conta cuns seguidores moi fieis a ela e á súa esencia e conseguiu xerar un impacto moi positivo na sociedade.