Concerto Mabel Flores

   15.04.2022 / 13:00 h
  Quiosco do Parque
PORQUE GUSTAMOS DAS SESIÓNS VERMÚ …
“O directo desta artista é sinónimo de música gozosa, de calidade e cunha sonoridade que fusiona raíces mediterráneas e sudamericanas, pinceladas electrourbanas que lle dan un toque fresco e innovador e unha mensaxe combativa, libertaria e enxeñosa, propia de música de autora e en clave feminista”
Mabel Flores, cantautora Catalana afincada en Terrassa (Barcelona), presenta no Quiosco do parque o próximo 15.04.2022 ás 13:00 horas, o seu segundo álbum “ Meraki” ( Kasba Music, 2021). Un traballo a medio camiño entre a canción de autor e o son mestizo que se achega a raíces suramericanas, folclóricas e mediterráneas, producido por Carlos Manzanares.
Este álbum inicia unha nova etapa sonora que foxe do intimismo e cóase nos pés de calquera, cunhas letras fieis á crítica social e unha confluencia de xéneros musicais que transitan entre estilos tan diferentes como a Rumba, o Calypso, o Merengue, a Cumbia e o Corrido, e que se mesturan tamén con ornamentos electrónicos.
Mabel Flores percorreu sen descanso escenarios de todos os tamaños e lugares, tanto de Cataluña como do resto da península, acompañada en ocasións de guitarra e percusión e outras tantas á fronte dunha banda contundente. Caracterízalle unha posta en escena enérxica e interactiva, apoiada por unhas letras frescas, críticas e honestas, que se converten en melodías pegadizas na primeira escoita e que cativan polo seu enfoque directo e sinxelo.