Concerto Eva Parmenter

   13.05.2022 /13.00 h
  Campo de San Francisco
EVA PARMENTER
Eva Parmenter é unha das concertinistas máis destacadas de Portugal.
Como intérprete, e tamén como compositora, propón novos camiños na exploración dun instrumento tradicionalmente asociado á música popular nunha época na que os límites estilísticos dilúense e vólvense cada vez máis porosos.
Sempre levou unha sede insaciable de viaxar, nunha eterna procura de músicos e músicas dos máis diversas orixes. Fluíndo nesta sa inquietude, vai debuxando a matriz da súa identidade musical.
Nun momento suspendido onde o fol é o condutor da respiración do público, unha viaxe sonora que desdibuxa fronteiras estéticas, xeográficas e temporais:
“Música do noso mundo, do pasado, do presente e do futuro.”
Actualmente, ademais de actuar como solista, toca co dúo Parapente700, Vagaço Colectivo, *Ó Chibinha, Tem. pô, Trio Ronen – De la Fuente – Parmenter, Tugoslavic Orkestar e Baile dás Histórias.
Con estas formacións participou en numerosos festivais de música e danza así como concertos illados en España, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Reino Unido, Portugal, Italia, Suíza, Suecia, Eslovenia, Austria, República Checa, Hungría, Turquía. , China e Brasil.