Camiño do Encanto

Camiño do Encanto

Este roteiro circular de 43 km. pon en valor un espazo que posúe unhas paisaxes únicas ofrecendo unha gran variedade de recursos de tipo cultural e natural. 
No de interior (de leste a oeste, os bosques, cultivos e praderías de Ove, Vilausende, Couxela, Covelas, Cedofeita, Arante e Remourelle) destacan os vales de perfil suave e as crebadas existentes no cara sur da serra de prelitoral. Este roteiro circular pon en valor este fermoso espazo que posúe unhas paisaxes únicas ofrecendo unha gran variedade de recursos de tipo cultural e natural que achegarán ao visitante os encantos máis escondidos do corazón do noso municipio: miradoiros con vistas espectaculares, pazos e casas señoriales, paisaxes naturais de gran beleza ou xoias do noso patrimonio como o Santuario da nosa Señora das Virtudes. 

Hórreos de Ove

No idioma galego ten outros nomes como: cabazo, celeiro, espigueiro, e é unha das máximas expresións da arquitectura popular.
A súa altura impide o paso dos ratos ou da humidade que se xera en zonas tan chuviosas como Galicia. A través das fendas entra a aireación que necesita o gran de millo, trigo, e doutros cereais.
Estes hórreos voados son de tipo “Mondoñedo”, bastante anchos e de gran capacidade; e caracterízanse por unha pasarela que os conecta directamente coa casa, permitindo o paso de carruaxes entre as cepas ou piares.

Santa Cruz

Situado a 200 m sobre o mar, é un excelente miradoiro sobre a vila de Ribadeo, a ría do mesmo nome e a costa Cantábrica, e o seu nome débese á presenza de dúas cruces no monte onde se sitúa. Aquí se atopa a ermida de Santa Cruz, que alberga unha reprodución da Virxe dos Remedios.
Neste espazo, ocupa un relevante lugar o monumento ó Gaiteiro, inaugurado no ano 1965, ano no que se fixa o primeiro de agosto como Día da Gaita Galega. Durante esta xornada celébrase a “ Xira de Santa Cruz”, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, con homenaxe á música tradicional galega e a súa gaita.

Covelas

Con certo aire monumental, as súas casas máis antigas seguen as formas tradicionais e alíñanse ó longo do Camiño, que ten na igrexa o seu cume.
As vistas sobre o val de Cedofeita son magníficas e inclúen unha panorámica insólita sobre o Pazo do século XVI fundado por Lope García de Cedofeita. Detrás da igrexa está o pintoresco barrio da Rúa.
A súa igrexa parroquial é un templo de tres naves do século XVII, aínda que con profundas reformas do século XVIII.
 O pórtico acolle a pila bautismal, e no seu interior conserva varios retablos barrocos con tallas de diversos períodos, destacando unha imaxe de Santa Catalina, do século XVI, e outra de Santa Bárbara, de estilo barroco.

Pozo Lexoso

Un camiño forestal de aproximadamente 200 metros situado á dereita no quilómetro 11 da estrada LU-133 en Remourelle (Arante), lévanos á Fervenza do Pozo Lexoso.
Caída de auga orixinada por un notorio desnivel do leito do río, que forma un profundo barranco vertical na rocha, dando lugar a un fermoso lago de augas moi transparentes, rodeado de bosque frondoso.

Nosa Señora das Virtudes

A fábrica da igrexa data da última etapa dos Reis Católicos. No altar maior consérvase un retablo Renacentista do século XVI.
No seu interior consérvase un magnífico conxunto pictórico tardo-medieval, mediante a técnica do fresco.
Dentro do conxunto mural cabe destacar, pola súa peculiaridade, as pinturas que aparecen no muro sur e que fan alusión ao mar. Tal e como se pode ler na inscrición, trátase dunha doazón do capitán de infantería Domingo de Carranza e Aguiar e datan de 1606.
Cada luns de Pentecostés ten lugar a popular romaría das Cruces declarada de Interese Turístico de Galicia.

Pazo de Cedofeita

O Pazo de Cedofeita data de finais do século XV principios do XVI construído por Lope García de Cedofeita.
Presenta planta rectangular de dúas alturas e cuberta a catro augas con torre-cheminea. Os muros son de cachotería de lousa con cantería de granito en vans e cornijales.
Na súa fachada principal pódese ver o escudo de armas da familia tallado en madeira. Utilizábase como calabozo, xulgado e zona de execución con guillotina para os sentenciados a matar.
O conxunto palaciego conta con hórreo, pombal, unha pequena capela de estilo rococó con espadana dun só van, muíño, zona de cultivo e recinto amurallado.

Descúbrea

Descarga a App de RibadeoXNatural e coñece esta e outras rutas naturais.