“AXÓUXERES”

   30.04.2022 / 17.30 h
  Escola de Rinlo
 
“COUSAS DE MULLERES” 
Dentro do teatro afeccionado, o ciclo Cultura nas Parroquias, despois de levar con moito éxito Os contos de Paula Carballeira, vai programar unha función de teatro gratuíta, o vindeiro sábado día 30 de abril ás 17.30 horas na Escola de Rinlo a cargo do grupo teatral “ AXÓUXERES” presentándonos a súa nova obra “ COUSAS DE MULLERES”.
Non te esquezas, apúntao na axenda, porque non podes faltar…