Audicións Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

   6.04.2022 / 20.00 h Acordeón
   27.04.2022 / 20:00 h Vento Metal
   29.04.2022 / 20:00 h Danza
   11.05.2022 / 20:00 h Guitarra
   13.05.2022 / 20:00 h Música Tradicional
   20.05.2022 / 20:00 h Percusión
   26.05.2022 / 20:00 h  Piano
   6.06.2022 / 20:00 h Canto
  Escola da  Música
  Teatro Municipal
  Auditorio Hernán Naval
  Teatro Municipal
  Teatro Municipal
  Escola da  Música
  Auditorio
  Escola da  Música
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo segue a recuperar as actividades con público a través das clásicas audicións que impulsa o centro
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola.
Dende esta semana e até o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de nove audicións en formato presencial, dirixidas a toda a cidadanía. A audición de vento madeira, tivo lugar o pasado mércores 30 de marzo no Auditorio Municipal Hernán Naval, foi a primeira actividade á que seguirán unha audición de acordeón (6 de abril – EMMeD), vento metal (27 de abril – Teatro), danza (29 de abril no Auditorio), guitarra (11 de maio – Teatro), música tradicional (13 de maio – Teatro), percusión (20 de maio – percusión), piano (26 de maio – piano) e canto (6 de xuño – EMMeD).
Todas as actividades serán ás 20:00 horas e abertas ao público até completar aforo.