Argadelo

   18.04.2022 / 19.30 h
  Escola das Anzas
Argadelo
No ciclo o Cultura nas Parroquias,iniciamos neste mesmo mes de abril un proxecto moi ambicioso, unha actividade interxeneracional, que terá como centro a escola das Anzas e que combina a música e o teatro nun obradoiro que se estenderá ata o mes de decembro, impartido por Mano Panforreteiro, o cal traballa na música e no teatro como compositor, performer, actor, produtor, educador e activista cultural. Como gaiteiro galego préstalle explorar as posibilidades do instrumento. Xoga cunha variedade grande de instrumentos e explora a natureza evocativa do son. Afánase porque as súas intervencións sexan colaborativas e deseñadas especificamente para a ocasión.