Alén A FORMIGA PRODUCIÓNS

   22.05.2022 / 20.00h
   Auditorio Hernán Naval 
Sinopse:

Mamá acaba de morrer, e agora… que? Un velorio dos de antes nunha aldea perdida. Un gato desesperado. Un móbil que o cambia todo… e dous irmáns que, por querer facelo ben, viven situacións estrambóticas que os levarán á comedia.

O primeiro espectáculo profesional da Formiga narra a viaxe física e espiritual que realizan dous personaxes ao improvisar as exequias da súa nai, dúas personalidades moi distintas que terán que poñerse de acordo en cuestións tan básicas como que facer co cadáver.

Unha comedia negra ao redor da morte na Galicia tradicional que fará rir ao espectador, deixando tamén un pouso de reflexión. Unha viaxe ao redor da morte, as crenzas e a dúbida sobre o que hai máis aló que nos mostrará que o outro lado… é aquí.