XVivo

Grazas o inestimable territorio natural que a rodea, a vila de Ribadeo dispón dunha enorme concentración de recursos, tanto naturais como paisaxísticos, que invitan a coñecela especialmente a través do deporte e as actividades ao aire libre.
Tanto se es de mar ou de terra, de liberdade e diversión ou de paz e conexión, en Ribadeo atoparás o que buscas… e moito máis.

XMar

Tanto se es debutante, iniciado ou experto, poderás encontrar todo o necesario para aprender e practicar vela lixeira ou latina, surf, kitesurf, windsurf, pádel-surf… A nosa costa ofrece verdadeiros santuarios para os afeccionados a estes deportes.
As incontables covas e galerías, a riquísima flora e fauna mariñas, os miles de naufraxios descoñecidos e a inigualable orografía costeira, fan que os afeccionados e amantes do mergullo atopen en Ribadeo un auténtico paraíso submarino.

XTerra

A través das nosas sendas descubrirás -paso a paso-, multitude de percorridos que te guiarán ó longo dos nosos cantís, ría, costa, vales e bosques, e coñecerás a fondo a nosa cultura, historia, paisaxe e diversidade.
Entre outras moitas actividades como ciclismo de montaña, sendeirismo ou paseos a cabalo, nós non podemos deixar de recomendar as nosas Xeorutas, coas que saber máis sobre a orixe e as peculiaridades xeomorfolóxicas do noso litoral.
Ademais o noso concello ten o na Ría de Ribadeo o humidal máis importante do Cantábrico occidental, o que fai de Ribadeo un paraíso natural para as aves e un lugar imprescindible para todos os amantes da ornitoloxía.

Non podes esquecer…

Nunha vila cun pasado cultural tan rico e diverso coma o noso, as súas festas e eventos son un dos maiores atractivos. Representada neles, a idiosincrasia ribadense, aberta e acolledora, convida ó visitante a participar dunha forma moi viva das súas tradicións, patrimonio e gastronomía, que se dan a man para ofrecer o mellor desta terra.

RibadeoXVivo

Ribadeo é un pobo vivo, con alma propia e unha enerxía auténtica que che empuxa a querer vivilo cada día.
Podes coñecer súa historia, perderte nos seus incribles paraxes naturais, descubrir a súa rica gastronomía ou gozar simplemente do seu ambiente paseando de compras polo seu casco histórico.

XCultural

Este agosto poderás gozar de celebracións culturais tan importantes como a Festa de San Roque, copatrón de Ribadeo, que inclúe actos relixiosos, culturais e deportivos, representacións de teatro e de marionetas, concertos, verbenas e o desfile dos populares Cocos e Cabezudos.

Turismo activo

Ribadeo conta con instalacións náutico deportivas, asociacións, guías especializados e unha gran variedade de empresas e actividades deportivas e de aventura, que ofrecen interesantes opcións para descubrir e gozar deste entorno.

Xira de Santa Cruz

Celébrase o primeiro domingo de agosto na vila e no miradoiro de Santa Cruz. Romaría de Interese turístico Nacional. O festexo iniciouse en 1965, cando no miradoiro foi erixido o monumento o Gaiteiro Galego e foi institucionalizado o Día da Gaita. Os festexos empezan o sábado co pregón, o domingo pola mañá varios grupos de gaiteiros e tamborileiros percorren as rúas da vila; a media mañá fronte a casa consistorial actúan distintas agrupacións folclóricas e a continuación centos de ribadenses e visitantes concéntranse no monte de Santa Cruz para facer a ofrenda floral o Gaiteiro Galego, xantar e gozar da verbena que pecha a xornada.

Festa do Percebe

Coñecido popularmente coma o lugar no que se crían os mellores percebes, lagostas, lumbrigantes e centolas de toda a costa Cantábrica, Rinlo conta coa segunda confraría de pescadores máis antiga de España.
Entre o mes de xullo e agosto, en función das mareas, celébrase na localidade a Festa do Percebe, onde se pode degustar este e outros mariscos nos establecementos e na carpa instalada para a ocasión no enclave mariñeiro.

Guía de Ocio

Para non perder nada e aproveitar ó máximo todas as experiencias que nosa vila ofrece recomendamos consultar a nosa Guía de Ocio onde atoparás unha ampla selección de posibilidades e toda a información necesaria.