Actividades OMIX

   11 e 12.04.2022 / 16:30 a 19:30 h
  Parque San Francisco
A Concellería de Mocidade organiza unhas xornadas lúdicas que se desenvolverán os días 11 e 12 de abril no parque San Francisco destinadas a nenos e rapazada entre as 16:30 e as 19:30 horas.
Serán actividades totalmente gratuítas e rotatorias, con empresas e monitores especializados, nas que non fai falta anotarse; simplemente hai que pasarse por alí e participar naquelas que máis os gusten.
Haberá inchables, pista de Slot e de Skate Park, Parkour, xogo de escapismo, máquina de pompas e obradoiros. Tamén poderase participar na mini disco, no karaoke, e teremos visitas de personaxes para os máis pequenos, que van ser moi entretidas”.
Son actividades para os máis pequenos e tamén para os adolescentes; pero sobre todo son para compartir en familia.
Esperámosche !