A Quinta do Cuadrante. A Lúa vai encuberta, de Manuel María

   13.03.22 / 20.00 h
   Auditorio Hernán Naval
A lúa vai encuberta é un espectáculo ao redor da realidade galega e a loita incesante por dar forma a nosa propia identidade, enfrontándonos ao noso pasado recente e as súas contradicións, revelando un discurso que hoxe en día está a ser, se non oculto, silenciado e que explica, dalgunha maneira, as razóns polas que o noso país hoxe ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
Incendiaria e A Quinta do Cuadrante poñen en escena o texto de Manuel María como fonte imprescindible para, a través del, comprender as distintas formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, por tanto, como persoas que o habitan.